Co obxectivo de dar a coñecer as oportunidades profesionais na Administración Xeral do Estado / Xunta de Galicia, e achegar os procesos selectivos ás persoas interesadas, organízanse dúas xornadas informativas dirixidas a futuros aspirantes aos corpos de Enxeñeiros Agrónomos do Estado e Enxeñeiros Técnicos Agrícolas para a Xunta de Galicia.
A primeira xornada ten un carácter motivador e inspirador, orientado a espertar o interese polas oposicións ao Corpo de Enxeñeiros Agrónomos do Estado. A sesión contará coa participación de dous relatores que superaron recentemente o proceso selectivo, quen compartirá a súa experiencia persoal desde unha perspectiva próxima e realista.
A segunda xornada ten un enfoque máis técnico e informativo, centrado en explicar de forma clara e detallada o proceso selectivo do Corpo de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas.
A SESIÓN II, QUEDA SUSPENDIDA, INFORMARASE NO MOMENTO QUE SE DISPOÑA DUNHA NOVA DATA.
PROGRAMA
SESIÓN I. Xornada “Oposicións ao Corpo de Enxeñeiros Agrónomos do Estado: Un camiño ao éxito”.
Relatores:
Irene Suárez Fernández. Directora del Laboratorio Nacional de Sanidad Vegetal e Higiene (Lugo)
Jaime del Olmo Morillo-Velarde. Subsecretaría de Asuntos Exteriores, UE y Cooperación (Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación).
Data e hora: 28 de xaneiro 2026 ás 16:00.
Lugar: Sala de Xuntas, EPS de Enxeñaría.
SESIÓN II: Xornada “Oposicións ao Corpo de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas da Xunta de Galicia.
Relator: Nicasio Mejuto Martí. Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias.
Data e hora: 29 de xaneiro 2026 ás 16:00.
Lugar: Sala de Xuntas, EPS de Enxeñaría.
Esta actividade conta coa financiación da Universudade de Santiago de Compostela.
Para máis información non dubide en poñerse en contacto coa Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia, no 981 288 858 ou no correo electrónico fia@fiagalicia.com
