Neste momento estás a ver Webinar: Ciclo de Vida do Carbono e Pegada de Carbono no Sector Agroalimentario
default

Webinar: Ciclo de Vida do Carbono e Pegada de Carbono no Sector Agroalimentario

Webinar: Ciclo de Vida do Carbono e Pegada de Carbono no Sector Agroalimentario, como continuidade da Xornada Formativa do 1 de outubro.
17 de decembro de 2025 – De 12:00 a 14:00 horas.
Tras o éxito da Xornada Formativa sobre a Pegada de Carbono, celebrada o pasado 1 de outubro no Nordés Club Empresarial (A Coruña), anúnciase agora a nova sesión formativa en liña, que terá lugar o 17 de decembro de 2025. Esta webinar profundará no ciclo de vida do carbono, o cálculo da pegada de carbono de organización e a súa compensación dentro do Sistema Voluntario de Créditos de Carbono de Galicia.
“O non asistir a xornada previa non é obstáculo: na webinar faremos un resumo rápido dos conceptos fundamentais.”
Ámbalas actividades forman parte do proxecto “Cara a unha Agroindustria Sostible: estudo do ciclo de vida do carbono, mitigación dos seus efectos e actividades de compensación”, financiado pola Deputación da Coruña, e dirixido a impulsar ferramentas prácticas para avanzar cara a modelos produtivos máis sostibles.
Público destinatario
Técnicos e responsables ambientais de organizacións públicas ou privadas, especialmente vinculadas aos sectores agrario, gandeiro e agroalimentario.
Enxeñeiros, arquitectos e profesionais que busquen profundar en estratexias de mitigación e compensación do carbono.
Perfís implicados en sustentabilidade e transición ecolóxica.
Estudantes interesados en adquirir formación aplicada sobre o ciclo de vida do carbono.
Sobre a Xornada do 1 de outubro
A sesión presencial celebrada na Coruña ofreceu unha formación orientada a mellorar a precisión no cálculo da pegada de carbono.
Próxima formación: Webinar do 17 de decembro
O próximo 17 de decembro de 2025 desenvolverase unha webinar práctica, impartida por expertos da Universidade de Santiago de Compostela, que permitirá aplicar os contidos teóricos xa introducidos durante a xornada de outubro. Nesta sesión realizaranse casos prácticos centrados en:
  • Cálculo da pegada de carbono de organización.
  • Compensación conforme ao novo Sistema Voluntario de Créditos de Carbono de Galicia, recollido na nova normativa galega.

INSCRÍBETE no seguiente formulario

Cartel co programa