Fundación de Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia
Por un futuro centrado na ciencia, a alimentación e o benestar das persoas que respecte o medio natural e a paisaxe.
Por unha mellora das condicións rurais
Os Enxeñeiros Agrónomos levan case dous séculos aplicando os coñecementos científicos e técnicos para mellorar as condicións de vida no mundo rural e a produción de alimentos no marco da conservación do medio natural. Estes retos cobran maior relevancia no contexto actual no que é necesario loitar contra o cambio climático e protexer a biodiversidade.
Infraestruturas verdes, novo reto
As infraestruturas verdes, as solucións centradas na natureza ou a produción ecolóxica de alimentos son novos retos vinculados ao ámbito de actuación dos enxeñeiros agrónomos.
Obxectivos
O desenvolvemento de Galicia debe ser sostible ou non o será. A Fundación porá o seu esforzo nesta cuestión, sempre desde a visión técnica e humanística que dirixe as actuacións da enxeñaría agronómica.