A Fundación “Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia”, organiza a Gala “I Noite Galega da Enxeñería Agronómica”, que se celebrará o venres 24 de novembro no Hostal dos Reis Católicos, acto no que estarán presentes xunto coas administracións públicas, empresas cuxo ámbito de actuación e actividade está vinculada coa produción agropecuaria, os sistemas alimentarios, a conservación dos ecosistemas, a paisaxe e os recursos tanto do mar como da terra.
Programa do Evento
Recepción dos Invitados.
Presentación da Fundación por parte do presidente da FIAG (Pedro Calaza).
Discurso de autoridades.
Proxección dun vídeo promocional da Fundación.
Conferencia impartida pola Directora da Fundación Biodiversidade (MITECO): Elena Pita.
Valores pola Enxeñería Agronómica: Entrega de Recoñecemento.
Cea/Cóctel
Convidados
Representantes das administracións públicas, universidades galegas, empresas vinculadas no ámbito da actuación da Enxeñería Agronómica, Fundacións, Colexios Profesionais etc.
Patrocinio
Para levar a cabo esta iniciativa, queremos contar co apoio empresarial establecendo as seguintes figuras dentro do Patrocinio:
Patrocinio Premium:
Mención específica en RRSS das empresas patrocinadoras.
Proxección do logo en pantalla evento. Publicación en web do evento.
4 invitacións ao evento.
Incluirase o logotipo da empresa ou organismo na sección de patrocinio estándar, e na cartelería de todo o evento.
A achega económica para o patrocinio premium é de 1000 euros + IVE.
Patrocinio Estándar:
Publicación na web do evento
2 invitacións ao evento.
Incluirase o logotipo da empresa ou organismo na sección de patrocinio básico, e na cartelería de todo o evento.
A achega económica para o patrocinio estándar é de 500 euros + IVE.